miércoles, 26 de noviembre de 2003

O caderno de bitácora (un conto )








                                 
                 O  CADERNO  DE  BITÁCORA














Era moi vello, levaba enriba milleiros de anos, cando nun pequeno planeta que xiraba o redor dunha estrela dunha das súas galaxias abrolla a vida; o chou, aeito, paseniño. A penas uns vermes, unha titumea, que se arrastran polo chan. Pouco a pouco algúns daqueles bichos comezan a erguerse, a camiñar, a falar e o cabo a cismar. Sua teima sempre foi o vello universo; primeiro sinten medo, despois o adoran, máis tarde o estudian e ó remate ousan exploralo .

Os poboadores daquel planeta estaban orgullosos da súa civilización e do alto Grao de desenvolvemento acadado, os descubrimentos científicos fan posible tanto que coñezan o seu orixen (son el resultado dunhas complexas misturas quimicas) e o do cosmos ( o grande estoupido), como retrasar o final ( viven moitos anos ) e datar o do cosmos. Emporiso non era dabondo desexaban viaxar a través do espacio e do tempo, descubrir outros astros e por enriba de todo averiguar se habia vida. Espallan os ceas de siñais sonoras e luminosas, de satelites, sondas e naves tripuladas e non tripuladas, ainda que só atopan rochas baleiras de vida. Fartos de tanto esforzo sen resultado, acordan construir un xigantesco e potente telescopio co que ollar a milleiros de anos-luz de distancia, o víndeiro viaxe non será en van.

De cotio espreitaban os ceos, por diante da lente pasan corpos celestes dabondo e...... de supeto unha galaxia chama a súa atención; achegan a lente e hai unha estrela que relace, achegan máis a lente e observan que esta rodeada de rochas satelites e coa atmosfera adecuada, a estrela ten moita enerxia; poida que houbese vida.

Abofé que a nave estaba preparada, os ocupantes desexando despegar, só faltaba o destino e xa o tiñan. lan alen a o descoñecido, non sabían se volverían e de facelo si seu mundo estaría aí, o viaxe ía para moito tempo. Ora ben as instrucciones non deixan dúbida: aterrar nun dos satelites daquela estrela, pescudar se existe vida, en que fase está e, de ser intelixente, contactar con ela a máis de comprobar que non é perigosa. Despois de voar ó darredor dos satelites e como queira que non atopaban nada distinto ó visto noutras expedicions:uns demasiado frios os outros quentes de máis, uns sen ar os outros co ar envelenado, uns grandes de máis os outros pequenos de máis. Deciden antes que volver fracasados, virar cara a un dos máis pequenos e aterrizar nel as toas.

Pousada a nave no chan, abren as escotillas, ollan por o cristal e para súa ledicia semella que é o sitio axeitado de maneira que arriscanse a baixar da nave e camiñar polos arredores. Segundo avanzan confirman que estan no certo; alí encontran os cimentos da vida: osíxeno, auga e a enerxía en forma de raios luminosos que se achegan de unha estrela; alo vexetais e acolá bechos e animais, estranos uns e raros e perigosos os outros. Xa se dan por satisfeitos, o de menos é que non atopasen seres intelixentes; habia vida e co paso do tempo quizais fose quen de evolucionar a formas superiores .

O que ven a seguír no é o testemuño oral dos exploradores senon o gravado no caderno de bitácora da nave que, pasados milleiros de anos, regresou baleira. A transcrición ó papel esta sen rematar e para recupera-lo gravado (mellor dito un anaco da gravación ) un cento de sabios empregou sete anos. A escrita que irnos a ler nos situa no momento en que os exploradores acordan ficar máis tempo naquel planeta, ata aí todo los testemuños danse por estragados.


                                      INICIO DO CADERNO DE BITÁCORA

llexible........

llexible........

Páxina 5 679 do caderno de bitácora
Ilexible
Abofé que os sabios tiñan razon, o tempo vai a modo para nós e a escape para eles, un segundo noso son centos de anos neste planeta.
Ilexible

Páxina 7 294 do caderno de bitácora
llexible.
Irnos a unha cume, dende alá arriba e cos aparellos que ternos é sinxelo decatarse da evolución destes seres.
llexible.

Páxina 9 786 do caderno de bitácora
llexible.
Cubertos de pelos, mal feitos, a súa fonte de enerxia é o lume, camiñan sobre as patas traseiras e as dianteiras son para cazar, comer e tirar pedras coas que se matan entre eles. 
Ilexible.

Páxina 12 796 do caderno de bitácora
llexible.
Estan organizados, coñecen a escrita e a fala, uns mandan e o resto obedecen, a súa pel é de distintos cores e son continuas as liortas entre as distintas especies. Manexan aparellos coa punta afiada cos que se matan uns os outros.
llexible.

Páxina 15 987 do caderno de bitácora
llexible.
Uns mandan e o resto traballan, son continuas as liortas e manexan aparellos, con punta afiada ou que cuspen pedras, cos que se matan uns os outros.
llexible.

Páxina 17 927 do caderno de bitácora
llexible.
Agrupanse en territorios moi definidos uns mandan e o resto traballan inda que non asemellan asoballados de máis. Ás veces se entenden, emporiso sempre rematan en liortas nas que utilizan aparellos que cuspen ferro e cos que se matan uns os outros.
llexible.

Páxina 21 200 do caderno de bitácora
llexible.
Adiantados, son quen de voar o cosmos, as liortas son poucas e así a todo morren a moreas, os aparellos cos que se matan son sofisticados.
llexible.

Páxina 21 229 do caderno de bitácora
llexible.
Se cadra, quizabes noutros viaxes, cando transcorran milleiros de anos sexa posible achegarse e razoar con istos especímenes, neste intre son mesmamente primitivos.
 llexible .

Páxina 30 000 do caderno de bitácora
llexible.
Antonte escoitamos un estrondo que metía medo, e no horizonte ergueuse unha fumareda con forma de cogumelo que saíu do chan e se elevou ata o infinito.
llexible.

xina 30 001 do caderno de bitácora
llexible.
A vida comeza a morrer; arredor de nós todo é baldío.
llexible.

Páxina sen número do caderno de bitácora
(nota : situase eiqui, emporiso podería ir noutro lugar do caderno )
llexible.
Ternos que pór o nome ó planeta e como queira que aterramos sen problemas mais estamos aterrados cos poboadores o nome axeitado é TERRA
llexible.


                                         FIN DO CADERNO DE BITÁCORA

No hay comentarios:

Publicar un comentario